Manuel Vilariño. Ser Luz, un documental de José Manuel Mouriño
«Unha fotografía é, certamente, como unha cristalización xeolóxica semellante ás que retrata ás veces Vilariño: un diagrama de forzas irredutibles que se exercen sobre un punto. Nesa relación, a mirada queda fixada no que se descompón, na tendencia á desaparición e o voo que as cousas orgánicas sempre manifestan, o xeito en que arden e se consomen. Pero esa relación, ao mesmo tempo, aparece tamén como se medrase cara ao divino.» (Alberto Ruiz de Samaniego)